Vilamor

Escrito por mollatecoalingua 31-03-2014 en cinema. Comentarios (0)



Título orixinal:Vilamor

Ano: 2012

Duración: 112 min.

Director: Ignacio Vilar

Guión: Carlos Asorey, Ignacio Vilar

Música :Zeltia Montes

Fotografía: Alberto Díaz

Reparto: Rubén Riós, Sabela Arán, Mayka Braña, César Cambeiro, Xoel Yáñez, Paulo Serantes, Carlos Villa, Sheyla Fariña, Déborah Vukusic, Santi Romay, Tamara Canosa, Marcos Pereiro, Marta Lado, Uxía Morán, Rubén Prieto, María Roja, Santi Prego, Jorge Taboada, Noa Rodriguez, Mela Casal, Manuel Lourenzo

Produtora: Vía Láctea Filmes

Xénero: Drama | Anos 70

O filme cóntanos a historia dunha das comunas hippies (na aldea de Vilar) que no ano 1976 se estableceron no concello de Negueira de Muñiz (Lugo).

O encoro de Salime, no río Navia, ocupou terreos dos concellos de  Negueira de Muñiz, en Lugo, e de Grandas de Salime e Ibias, en Asturias. Debido á construción deste encoro moitos camiños desapareceron e as aldeas ás que só se podía acceder en barca foron quedando abandonadas. Algunhas destas aldeas foron recuperadas por comunas de hippies nos anos 70.

Aquí tes tres ligazóns onde poderás saber máis da historia que nos conta o filme.

Manuel Rivas

Praza Pública

El Ideal Gallego


Actividades:

XEOGRAFÍA E HISTORIA

En que aldea vive Breixo coa súa familia?

Sitúa nun mapa esta aldea, os lugares onde se rodou o filme e as aldeas onde se estableceron algunhas comuna hippies nos anos 70.

Localiza o encoro de Salime. Sabes o nome doutras aldeas galegas que ficaron asolagadas pola construción de encoros na ditadura franquista?

Se che interesa o tema, recomendámosche que vexas Asolagados. Podes encontrar información sobre este documental na seguinte páxina


Que sabes sobre o movemento hippy? Busca información sobre as súas características fundamentais, símbolos e onde xurdiu.

Que aspectos do movemento podemos ver no filme?

Dise que este movemento influíu no desenvolvemento do feminismo, do pacifismo e do ecoloxismo. Poderías explicar por que?

Investiga se aínda existen na actualidade estas comunas no concello de Negueira de Muñiz.

MÚSICA

En agosto de 1969 celebrouse o festival de Woodstock (tres días de paz e música).

Nesta ligazón da wikipedia (está en español) podes ver que significou este festival e todas as músicas que se cantaron eses días.


Nós seleccionamos estas músicas para escoitarmos na clase:

Janis Joplin: Cry baby (aínda que non fose tocada en Woodstock)

Jimi Hendrix, Hey, Joe.

Creedance Clearwater Revival; I put a spell on you.

Joe Cocker, With a little help from my friends.

Joan Báez, We shall overcome

Carlos Santana (terás que seleccionar ti unha)

The Who (terás que seleccionar ti unha)

Escoita algunhas outras músicas (destes músicos ou doutros do Woodstock) e selecciona unha para ouvirmos en clase. Traduciremos todas as músicas ao galego.

Coñeces algún festival de música que se faga hoxe en día en Galicia? Onde e cando?

LINGUA

No filme aparecen os trazos dialectais propios do galego oriental e doutras zonas da Galiza, xa que hai membros da comuna de distintos lugares).

Identifica algúns deses trazos dialectais e as personaxes que as usan.

Podes escoitar gravacións dialectais nesta páxina do Consello da Cultura Galega.


Literatura

Se che interesa o tema do filme podes ler a novela de Jaureguizar, Casa Skylab.


Forma parte da banda sonora do filme O sol da liberdade. A letra é un poema de Manuel Antonio. Busca este poema.

Que recordas da obra deste autor?

Escoita aquí O sol da liberdade


DEBATES

A partir do filme podemos debater nas aulas algunha destas cuestións:

O desenvolvemento sustentábel e as ecoaldeas.

O abandono do rural. Causas, consecuencias e solucións.

O aborto. A situación legal desde os 70 ata hoxe.